Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48957

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 153/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 153/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Ramón Pifarre Marcos contra Revisiones de Gas Revisol, S.L., Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Revisiones de Gas Revisol, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 3.147,7 euros en concepto de principal (2.526,19 euros en concepto de salarios e vacacións non gozadas, 621,51 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior) máis outros 314,77 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Revisiones de Gas Revisol, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza