Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48959

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 93/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 93/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juana López Sieira contra Irene Blanco Sanmartín, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2018.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Irene Blanco Sanmartín en situación de insolvencia parcial por importe de 5.011,45 euros en concepto de principal (indemnización) máis outros 511,14 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva para os efectos de publicidade a declaración de insolvencia de Irene Blanco Sanmartín, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza