Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48952

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1046/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1046/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Amor Guillin contra o Fondo de Garantía Salarial, LCG Fermar, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Juan José Amor Guillin contra a entidade LCG Fermar, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade LCG Fermar, S.L. a que lle aboe ao demandante as seguintes cantidades: 1.994,96 € brutos por salarios devindicados entre abril e xuño de 2017, 479 € brutos por compensación de vacacións non gozadas, 5.259,12 € por axudas de custo devindicadas entre xaneiro e xuño de 2017, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e 191,71 €, por indemnización de extinción de contratos temporais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a LCG Fermar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza