Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48910

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 30 de outubro de 2018 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música Municipal de Negreira no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Concello de Negreira solicita a inscrición da Escola de Música Municipal de Negreira no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993, que regula as condicións de creación e funcionamento destes centros docentes.

Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, a Xefatura Territorial da Coruña achega o expediente cos correspondentes informes.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Inscrición no Rexistro de Escolas de Música

Autorizar a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música que se sinala:

Provincia: A Coruña.

Concello: Negreira.

Localidade: 15803 Negreira.

Domicilio: Casa da Cultura.

Código do centro: 15033162.

Titular: Concello de Negreira.

Denominación: Escola de Música Municipal de Negreira.

Artigo 2. Réxime xurídico

Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional