Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48909

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión, para os anos 2018 e 2019, pola que se encarga á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a realización de traballos do proxecto MarRISK (código 0262_MARRISK_1_E) incluído no Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal.

1. Encomenda de xestión.

– Actividade: a encomenda comprende os traballos de consolidación dunha infraestrutura de coñecemento para a avaliación de riscos costeiros, así como de aplicación de ferramentas que permitan mellorar a xestión do litoral, nun escenario de cambio climático.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S. A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

– Prazo de vixencia: o prazo de execución dos traballos encargados comezará o día seguinte ao da sinatura da resolución e rematará coincidindo coa finalización do proxecto MarRISK, prevista para o 31 de decembro de 2019.

– Modalidade de financiamento: esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2018 e 2019, aplicación orzamentaria 07.02.541E.640.1.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda