Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48794

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

EXTRACTO da Orde do 6 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito das drogodependencias e os trastornos adictivos, e atención ás persoas con maior vulnerabilidade pola infección polo VIH, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

BDNS (Identif.): 422533.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e outras organizacións, así como as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica que cumpran os requisitos sinalados na orde.

No caso de que algunha das entidades solicitantes sexa unha federación, confederación ou persoa xurídica similar que integre no seu seo varias entidades, poderá propoñer de entre estas unha ou varias entidades para executar os programas, as cales actuarán no nome e por conta da entidade solicitante.

Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as axudas para a realización de programas de interese xeral que atenden a fins de carácter sociosanitario no ámbito das drogodependencias e outros trastornos adictivos, e a atención ás persoas con maior vulnerabilidade pola infección do VIH con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería de Sanidade (código de procedemento SA463H).

O contido dos programas, que se desenvolverán durante o ano 2019, deberá axustarse ás liñas de actuación sinaladas no artigo 3, de conformidade coa tipoloxía de cada programa recollido no anexo I.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 6 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito das drogodependencias e os trastornos adictivos, e atención ás persoas con maior vulnerabilidade pola infección polo VIH, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Cuarto. Contía

Para o financiamento desta convocatoria destínase, con cargo á anualidade 2018, crédito por importe total de 456.000 €, consignado na aplicación orzamentaria 50.01.413A.481.30 con código de proxecto 201800005, en función das liñas de actuación subvencionables e os seus importes sinalados no artigo 3 da orde.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Para poder ser beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo da orde e que estará dispoñible tanto na guía de procedementos (https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos) como na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código SA463H.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade