Advertido un erro no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 210, do luns 5 de novembro de 2018, cómpre efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 47950, onde di: «A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mediante a Orde do 4 de xullo de 2018 (DOG núm. 116, do 5 de xuño), modificada pola Orde do 9 de outubro de 2018 (DOG núm. 199, do 17 de outubro) estableceu as bases reguladoras e convocou, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia», debe dicir: «A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mediante a Orde do 4 de xullo de 2018 (DOG núm. 134, do 13 de xullo), modificada pola Orde do 9 de outubro de 2018 (DOG núm. 198, do 17 de outubro) estableceu as bases reguladoras e convocou, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia».