Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48538

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 863/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 863/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Tejedor Cortés contra Limpintegra XXI, S.L., Fogasa, administrador concursal de Limpintegra XXI, S.L. (Lexaudit Concursal, S.L.P.) sobre ordinario, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din literalmente:

«Xulgado do Social número 2

A Coruña

Sentenza: 353/2018

Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade nº 863/2017.

Demandante: Rosa María Tejedor Cortés

Letrado: Sr. Méndez Sanjurjo.

Demandada: Limpintegra XXI, S.L.

Letrado:

– Administrador de Limpintegra XXI, S.L.

Letrado:

– Fogasa

Letrado:

A Coruña, 11 de outubro de 2018

Decido:

1. Estimar a demanda formulada por Rosa María Tejedor Cortés contra Limpintegra XXI, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 2.438,68 euros en concepto de débeda salarial polos conceptos e desagregación contida en demanda, así como o xuro previsto no artigo 29.3 do ET.

A administración concursal da empresa Limpintegra XXI, S.L. e o Fogasa pasarán polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza