Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48540

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (677/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 677/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Castro Santiso contra Turmens Logística Urgente, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Ter por desistido a Ramón Castro Santiso da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Turmens Logística Urgente, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza