Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN661A 2011/10-1, nos concellos de Zas e Cabana de Bergantiños.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Mouriños, nos concellos de Zas e Cabana de Bergantiños (expediente IN661A 2011/10-1), acto que terá lugar nas dependencias municipais que sinalen os propios concellos, segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 25 de outubro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2011/10-1.

Entidade beneficiaria: Renovables Aragón, S.L.U.

Denominación da instalación: parque eólico Mouriños.

Concellos: Zas e Cabana de Bergantiños.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Data

Hora

81

Cabana de Bergantiños

Manuel Pardiñas Macías

19.12.2018

10.00

82

Cabana de Bergantiños

Ascensión Leonardo Yáñez

19.12.2018

10.00