Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2018 Páx. 48097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 15 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación de explotación, ata 72.540 prazas, de polos de ceba na parroquia do Rial, no concello de Antas de Ulla (Lugo) (expediente 2018/0141).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 10 de outubro de 2018, do proxecto de ampliación de explotación, ata 72.540 prazas, de polos de ceba na parroquia do Rial, no concello de Antas de Ulla (Lugo), promovido por Ferreiro Rial, S.C.

A dita declaración poderase consultar na ligazón:

https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático