Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2018 Páx. 48096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito dos sectores de solo urbanizable de uso industrial situados ao norte da estrada PO-548, no concello de Valga (expediente 2016AAE1928; código 1837/2016).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise pública a Resolución do 8 de outubro de 2018 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, sobre a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito dos sectores de solo urbanizable de uso industrial situados ao norte da estrada PO-548, no concello de Valga.

Esta declaración ambiental estratéxica pódese consultar no enderezo da internet
http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático