De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, polo presente anuncio notifícaselle ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores na orde social.
O texto íntegro das resolucións poderá consultarse nas dependencias da Secretaría Xeral de Emprego, situada no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no tablón de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido este prazo teranse por notificadas as actuacións.
As resolucións poñen fin á vía administrativa polo que os interesados poderán impugnalas perante os xulgados sociais, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Advertíndolle que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2018
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego