Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2018 Páx. 48165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, do requirimento de documentación do expediente SAI AE 2018/101 (RAE 15003485-RAE 15003486).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puideran practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedan supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e, despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e, en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmase aos interesados que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 23 de outubro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAI AE 2018/101(RAE 15003485-RAE 15003486).

Interesada: Hotel Eumesa, S.L.

NIF: B15491251.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Pontedeume.