Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47941

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xunqueira de Espadanedo

ANUNCIO de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas en dúas parcelas con propietario descoñecido.

Para os efectos do disposto no artigo 8.c) da Instrución 1/2018, do 26 de abril, da Consellería do Medio Rural, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, publícase a relación de parcelas con propietario descoñecido no termo municipal de Xunqueira de Espadanedo, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

1. Referencia catastral: 32038A043012800000KH, polígono 43, parcela 1280, no lugar de Zapadas.

2. Referencia catastral: 32038B501000460000AX, polígono 501, parcela 46, no lugar de Vilariño.

O prazo de quince días para proceder ao cumprimento das obrigas en materia de xestión de biomasa empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Xunqueira de Espadanedo, 5 de setembro de 2018

Carlos Gómez Blanco
Alcalde