Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47940

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva de estudo de detalle (expediente FG 626).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 27 de setembro de 2018, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para a segregación da parcela 12.1 do Plan parcial SUNP.I-33-R, en Iñás (Documento nº 7342, do 19 de abril de 2018).

O estudo de detalle é unha disposición xeral, polo que contra el poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 8 de outubro de 2018

Ángel García Seoane
Alcalde presidente