Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47848

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño

EDICTO (307/2017).

Expediente: alimentos 307/2017.

Eu, José Antonio Romasanta Ageitos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño, anuncio que, en virtude do acordado en resolución ditada no día da data no procedemento 307/2017, e de conformidade co artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil (LAC), por este edicto se lle notifica a Miguel Ángel Pérez Ortiz a Sentenza 35/2018, do 31 de xullo de 2018, a cal non é firme, e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días.

Fáiselle saber que a dita resolución estará ao seu dispor nas oficinas do xulgado.

O Carballiño, 11 de outubro de 2018

O letrado da Administración de xustiza