Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47789

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Palas de Rei

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial de Palas de Rei.

Aprobado inicialmente o plan de modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial de Palas de Rei, mediante a Resolución da Alcaldía 2018-389, do 3 de outubro de 2018, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello:

http://palasderei.sedelectronica.es.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou para obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

A área afectada é a seguinte: polígono empresarial de Palas de Rei.

Palas de Rei, 4 de outubro de 2018

Pablo José Taboada Camoira
Alcalde