Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 13 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos competencia desta xefatura territorial relativos aos expedientes 15/48/2000 e dous máis.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefa territorial no último domicilio dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícase ás persoas citadas no anexo para que no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, poidan comparecer persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, andar 1º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido íntegro das ditas notificacións, advertíndolles de que, de non facerse así, se terán por notificadas.

Advírteselles de que contra as ditas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán interpoñer un recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación, perante a conselleira de Política Social (Edificio Administrativo San Caetano en Santiago de Compostela), directamente ou a través desta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 13 de setembro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Código de procedemento

Resolución

Data da resolución

Gabarre Vargas, Carmen

****0005D

15/48/2000

Extinción

17.7.2018

Gómez Fraguela, Amparo

****8812V

15/3168/1989

Extinción

13.7.2018

Gómez Álvarez, José Ramón

****5945Y

15/0005/2003

Extinción

13.7.2018