Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de xestión e dixitalización da documentación clínica de distintos centros dependentes desta xerencia (expediente AB-EIL1-18-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIL1-18-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de xestión e dixitalización da documentación clínica nos distintos centros da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72590000-7 e 79560000-7.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisición (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

h) Datas de publicación do anuncio de licitación: DOUE (7.3.2018), BOE (15.3.2018) e DOG (16.3.2018).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 3.369.600,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.404.000,00 €.

b) Importe total: 1.698.840,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7 de setembro de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 1 de outubro de 2018.

c) Contratista: Severiano Servicio Móvil, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: 1.664.863,20 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ver resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante con data do 7 de setembro de 2018.

Lugo, 9 de outubro de 2018

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos