Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de desratización, desinsectación e desinfección nos centros pertencentes á dita xerencia (expediente AB-EIL1-18-002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIL1-18-002.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desratización, desinsectación e desinfección nos centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lotes: tres.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90921000-9; 90922000-6; 90923000-3.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisición (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

h) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 46, do 6 de marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: oitenta e sete mil trescentos sesenta euros (87.360,00 €).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: trinta e seis mil catrocentos euros (36.400,00 €).

b) Importe total: corenta e catro mil corenta e catro euros (44.044,00 €).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12 de setembro de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 26 de setembro de 2018.

c) Contratista: Oficina de Tratamiento de Plagas, S.L. (Otraplasa), (B36628287); para os lotes 1, 2 e 3.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Lote 1. Importe neto: 5.631,70 €. Importe total: 6.814,36 €.

Lote 2. Importe neto: 21.108,40 €. Importe total: 25.541,16 €.

Lote 3. Importe neto: 4.398,50 €. Importe total: 5.322,19 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxase a resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante do 12 de setembro de 2018.

Lugo, 11 de outubro de 2018

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos