Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2018 Páx. 47339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 19 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS650A, competencia desta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tentada a notificación no último enderezo coñecido da persoa que se cita no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante edicto para que no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), compareza en persoa ou debidamente representada nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo; rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do requirimento de documentación e advertíndolle que, de non o facer así, se terá por notificada.

Así mesmo advírteselle que, de non atender ao requirimento no prazo indicado no dito acto, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se terá por desistido da solicitude logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita lei.

Vigo, 19 de setembro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS650A:

Apelidos e nome

DNI/NIE

Núm. de expte.

Data petición de documentación

Machado s/s, José

*****745W

3600316-I/14

19.5.2016