Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2018 Páx. 47338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 18 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS650A, competencia desta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, intentada a notificación no último enderezo coñecido das persoas que se citan no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante edicto para que no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo; rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se terán por notificadas.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días seguintes ao da data da súa notificación, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 18 de setembro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS650A.

Apelidos e nome

Núm. DNI/NIE

Núm. expte.

Resolución e data

Duran Mos, Nikol

*****157X

3600420-I/16

Denegación 2.5.2018

Estévez Marcial, Carlos

*****093L

3600078-I/16

Denegación 2.5.2018