Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2018 Páx. 47335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación IN407A 2015/164-1, nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma de liñas LMT Lanzá-Albixoi e LMT Visantoña-Loureda, substitución de apoios de madeira, nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras (expediente IN407A 2015/164-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 18 de outubro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/164-1.

Entidade beneficiaria: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (Udesa).

Denominación da instalación: reforma de liñas LMT Lanzá-Albixoi e LMT Visantoña-Loureda, substitución de apoios de madeira.

Concellos: Mesía e Oza-Cesuras.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Número de depósito

Importe

1

Mesía

Hrdos. de Manuel García Barreiro

1793/2018

4.696,96 €

2

Oza-Cesuras

Hrdos. de María Pardo Naveira

1794/2018

608,96 €

3

Oza-Cesuras

Hrdos. de Manuel Pardo Naveira

1795/2018

2.102,88 €

4

Oza-Cesuras

Hrdos. de Francisco Pardo Naveira

1796/2018

72,37 €

5

Oza-Cesuras

Hrdos. de Francisco Pardo Naveira

1792/2018

385,97 €