Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2018 Páx. 47333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de resolución do expediente IN 635C 2017/99-1 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, os interesados son informados de que o expediente está á súa disposición, para coñeceren o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 17 de outubro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado/a

CIF

Acto que

se notifica

Concello

IN 635C 2017/99-1

Fabricación de Portas do Noroeste, S.L.

B70033758

Resolución

Culleredo

IN 635C 2017/115-1

Ver_PDF

Ver_PDF

Resolución

As Pontes de García Rodríguez

IN 635C 2017/121-1

Climanosa, S.L.

B15945934

Resolución

Arteixo

IN 635C 2017/125-1

Alejandro Rodríguez Pedreira

47357686L

Resolución

A Coruña