Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2018 Páx. 47356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 16 de outubro de 2018 para facer pública a resolución pola que se resolve o expediente de información pública do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada PO-403, punto quilométrico 8+600 a 10+200, de clave PO/17/151.06.

Con data 16 de outubro de 2018, a dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade (Orde do 4 de febreiro de 2013, Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 30 de xaneiro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 21) o Anuncio do 10 de xaneiro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción: Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada PO-403, p.q. 8+600 a 10+200, de clave PO/17/151.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Durante todo o trámite de información pública presentáronse alegacións, certificados e informes, procedendo á súa valoración.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción someteuse ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, someteuse a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

De acordo con todo o exposto, e tras os certificados, alegacións e informes presentados polos organismos oficiais competentes,

Acordo:

Primeiro. Resolver o expediente de información pública: Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada PO-403, p.q. 8+600 a 10+200, de clave PO/17/151.06.

Dado que a maior parte dos alegantes ten solicitado a execución de beirarrúas para completar un itinerario peonil continuo polas dúas marxes da estrada no treito obxecto da actuación, atenderase a solicitude para mellorar a seguridade dos peóns. Isto require la realización de expropiacións adicionais, polo que se redactará un proxecto construtivo cunha nova proposta.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas