Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2018 Páx. 47213

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (691/2016-P).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, fago saber que nos autos de xuízo verbal 691/2016-P arriba referido, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din así:

«Sentenza.

Ourense, 24 de abril de 2017.

Darío-Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, ditou a presente sentenza no xuízo 691/2016, en que é parte demandante a Comunidade de Propietarios r/Progreso, 123 de Ourense, representada pola procuradora Sra. Sánchez Izquierdo e asistencia do letrado Sr. Besteiro Álvarez, e, como demandada, Urbanización Mirador do Couto, S.L., a cal, considerada citada mediante edicto, non compareceu a xuízo, polo que debe ser declarada en rebeldía procesual (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido:

Que, estimando a demanda interposta pola procuradora Sra. Sánchez Yzquierdo, en nome e representación da Comunidade de Propietarios r/ Progreso 123 de Ourense, contra a Urbanización Mirador do Couto, S.L., e na devandita razón debo condenar e condeno esta última a aboar á demandante a cantidade de 434 €, á cal son de aplicación os xuros do artigo 1108 CC, desde a interpelación xudicial.

Canto ás custas, estéase ao disposto no último fundamento de dereito.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso de apelación por razón da contía segundo o teor do disposto no artigo 455 LAC na súa nova redacción.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia.

Darío Carpio Estévez Pérez. Asinado e rubricado».

E para que conste e sirva de notificación en forma á demandada Urbanización Mirador do Couto, S.L., expido e asino este edicto.

Ourense, 19 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza