Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2018 Páx. 47261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Guillán, do concello de Vilagarcía de Arousa.

Unha vez emitido informe favorable sobre a proposta de deslindamento cos predios pertencentes a Ruth María Remírez de Esparza Lindner, José María Remírez de Esparza Lindner, Felipe Javier Pérez-Somarriba Remírez de Esparza, Fernando Remírez de Esparza Elías de Molíns, presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Gillán, concello de Vilagarcía de Arousa, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar para a exposición do plano e demais documentación do monte, nas oficinas de Arias Forestales, S.L., Ponte Bora, 24, 36154 Pontevedra, teléfono 886 20 79 18, en horario de mañá, de luns a venres, das 9.20 ás 13.00 horas.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os lindeiros que desexen comparecer presenten alegacións e os títulos que acrediten a propiedade.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 22 de outubro de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra