Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2018 Páx. 47240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2018 pola que se fai pública a adxudicación e a formalización da contratación por lotes do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada (PA 7/2018).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

c) Número de expediente: PA 7/2018.

d) Perfil do contratante: https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=283423.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 7 de marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Número de lotes: nove.

4. Orzamento base de licitación: seis millóns seis mil euros (6.006.000,00 €), actividade exenta de IVE.

5. Adxudicación e formalización dos contratos:

5.1. Lote 1: A Coruña, Abegondo, A Laracha, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cerceda, Culleredo, Oleiros, Oza-Cesuras e Sada.

a) Contratistas e importes de adxudicación:

Guardería Matogrande, S.L.: 302.940,00 €.

Amelia Barallobre Carreira: 99.825,00 €.

A Fraga Encantada, S.C.: 319.770,00 €.

E.I. Trasnos, S.L.: 297.000,00 €.

Dana Coruña, S.L.: 152.460,00 €.

b) Nacionalidade: española.

c) Data de adxudicación: 7 de agosto de 2018.

d) Data de formalización: 31 de agosto de 2018.

5.2. Lote 2: Santiago de Compostela, Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, O Pino, Oroso, Rois, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra.

a) Contratistas e importe de adxudicación:

María Belén Muiña Romay: 282.150,00 €.

Santa Apolonia, S.L.: 165.600,00 €.

b) Nacionalidade: española.

c) Datas de adxudicación: 7 de agosto e 6 de setembro de 2018, respectivamente.

d) Datas de formalización: 31 de agosto e 1 de outubro de 2018, respectivamente.

5.3. Lote 3: Ferrol, Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Pontedeume, Valdoviño.

a) Contratista e importe de adxudicación:

Lendo e Crecendo, S.L.: 99.000,00 €.

b) Nacionalidade: española.

c) Data de adxudicación: 7 de agosto de 2018.

d) Data de formalización: 31 de agosto de 2018.

5.4. Lote 4: Lugo, Castro de Rei, Castroverde, Friol, Guntín, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade.

a) Contratista e importe de adxudicación:

E.I. Gliemmo, Vilariño y Pizzo, S.L.: 204.600,00 €.

b) Nacionalidade: española.

c) Data de adxudicación: 7 de agosto de 2018.

d) Data de formalización: 31 de agosto de 2018.

5.5. Lote 5: Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, Pereiro de Aguiar, Punxín, San Cibrao das Viñas e Toén.

a) Contratistas e importes de adxudicación:

Lazos Colegio Infantil, S.L.: 20.460,00 €.

C.I. Los Tilos, S.L.: 356.400,00 €.

Escola Infantil Lecer, S.L.L.: 198.000,00 €.

b) Nacionalidade: española.

c) Data de adxudicación: 7 de agosto de 2018.

d) Data de formalización: 31 de agosto de 2018.

5.6. Lote 6: Pontevedra, Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Sanxenxo e Vilaboa.

a) Contratistas e importes de adxudicación:

Asociación Guardería Laboral Pipo: 227.700,00 €.

Escuela Infantil Bamby, S.L.U.: 207.900,00 €.

Parrulos, S.L.U.: 77.385,00 €.

b) Nacionalidade: española.

c) Data de adxudicación: 7 de agosto de 2018.

d) Data de formalización: 31 de agosto de 2018.

5.7. Lote 7: Vigo, Baiona, Cangas do Morrazo, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Fornelos de Montes, Salvaterra do Miño, Soutomaior e Pazos de Borbén.

a) Data de adxudicación: 7 de agosto de 2018.

b) Nacionalidade: española.

c) Contratistas e importes de adxudicación:

Caracolandia, S.L.: 448.239,00 €.

Asociación Educativa Dalila: 405.900,00 €.

Centro de Educación Infantil Esme, S.L.: 415.140,00 €.

Centro de Educación Infantil O Xardín da Hispanidade, S.L.: 381.480,00 €.

Navuxil, S.L.: 161.040,00 €.

d) Data de formalización: 31 de agosto de 2018.

5.8. Lote 8: Monforte de Lemos.

Declarado deserto por Resolución do 1 de agosto de 2018 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

5.9. Lote 9: Ponteareas.

Declarado deserto por Resolución do 1 de agosto de 2018 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018

A conselleira de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social