Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2018 Páx. 47245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 25 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial (expediente BS210A/LU-0000037548 e catro máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas dos requirimentos emitidos nos procedementos instados por elas, relativos aos expedientes relacionados no anexo.

As persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer, para teren coñecemento íntegro de acto e constancia deste, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade de Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no centro base-rúa Serra dos Ancares, nº 68-baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Estes requirimentos outorgan ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días desde o seguinte ao da súa notificación para a emenda das súas solicitudes. Transcorrido este prazo sen que se realizase a emenda, teranse por desistidas da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos provistos no artigo 21 da dita lei.

Lugo, 25 de setembro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/
proced. BS210A

Apelidos e nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000037548

Josefa Díaz López

(*****164-X)

Requirimento de emenda da solicitude

12.2.2018

LU-0000038468

Fernando Rodríguez Usatorre

(*****130-R)

Requirimento de emenda da solicitude

30.10.2017

LU-0000039927

Manuel Gallego Rodríguez

(*****140-Q)

Requirimento de emenda da solicitude

7.3.2018

LU-0000040683

Ana Ordóñez Castillo

(*****881-W)

Requirimento de emenda da solicitude

16.3.2018

LU-0000041975

María del Mar Rivas Álvarez

(*****537-T)

Requirimento de documentación complementaria

2.8.018