Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2018 Páx. 47100

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de exequátur (1300/2017).

Eu, Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que neste xulgado se segue procedemento de exequátur número 1300/2017, por instancia de Josefina Suárez Rodríguez, representada pola procuradora Uxía Ríos Tesouro, contra Pablo Bravo Márquez, en que se ditou auto, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Auto exequátur núm. 649/18.

Maxistrada xuíza Laura Guede Gallego.

Ourense, 13 de setembro de 2018.

Parte dispositiva

Estimo a demanda de exequátur presentada pola procuradora Sra. Ríos, en nome de Josefina Suárez Rodríguez, e declaro recoñecida, válida e executable en España a sentenza de divorcio ditada o 11 de agosto de 2007 polo Tribunal Superior de Canadá, provincia de Quebec, distrito de Montreal, do matrimonio formado por Josefina Suárez Rodríguez e Pablo Bravo Márquez.

Unha vez notificada esta resolución, anótese no Rexistro Civil Central do Ministerio de Xustiza español, con testemuño da presente resolución e da sentenza ditada en Canadá.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe».

E para que así conste e sirva de cédula de notificación para Pablo Bravo Márquez, en paradoiro descoñecido, expido este edicto.

Ourense, 13 de setembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza