Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2018 Páx. 47111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se acorda notificar o emprazamento para trámite de audiencia no expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-2014/00885).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relacionan no anexo o trámite de audiencia de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado para que, de ser o caso, poida consultalo na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra.

En consecuencia, comunícolle que dispón de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte a esta notificación para formular as alegacións que considere oportunas dirixidas ao Rexistro de Parellas de Feito, avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, de Pontevedra. Logo de transcorrer este prazo sen formular alegacións, ou presentadas estas, continuarase coa tramitación do expediente.

Pontevedra, 17 de setembro de 2018

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-2014/00885

H2252776