Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2018 Páx. 46933

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade da concesión das axudas da convocatoria do ano 2018 á nova participación de agricultores en réximes de calidade, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020, ao abeiro da Orde da Consellería do Medio Rural do 18 de decembro de 2017.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 199, do xoves 18 de outubro de 2018, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 46252, onde di:

«Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director da Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses desde a mesma data, de acordo co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Debe dicir:

«Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada perante o presidente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ao abeiro dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».