Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2018 Páx. 46828

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1548/2018-M).

Secretaria: Sra. Freire Corzo

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 1548/2018-M

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 567/2017. Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Instituto Social da Mariña

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Chymar, S.A., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Antonio Juncal Cabanelas

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social, letrado/a da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, letrado/a da comunidade, Luis Esteban Leyenda Martínez

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1548/2018 desta sección, seguido por instancia do Instituto Social da Mariña contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Chymar, S.A., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Antonio Juncal Cabanelas, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Estimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Social da Mariña contra a Sentenza do 30 de outubro de 2017, do Xulgado do Social número 2 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia da Mutua Colaboradora con la Seguridad Social Gallega contra Antonio Juncal Cabanelas, a entidade mercantil Chymar, S.A., o Servizo Galego de Saúde, o recorrente, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Antonio Juncal Cabanelas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza