Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2018 Páx. 46889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2018 pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construción da autovía AG-59, treito A Ramallosa-enlace AC-241, de clave GA/08/022.01.1.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 7 de decembro de 2017 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de autovía AG-59, treito A Ramallosa-enlace AC-241, de clave GA/08/022.01.1, por Decreto 130/2017, publicado no Diario Oficial de Galicia do 27 de decembro de 2017.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta dirección, resolveu convocar aos titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Teo, para que comparezan no lugar, na data e nas horas que se detallan a continuación co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Teo.

Lugar: casa común de Cacheiras (travesía das Cacheiras, 38).

Data: 20 de novembro de 2018, das 10.00 ás 13.30 horas, desde o A ata Carreira Liñeiras, María Rosa.

Data: 21 de novembro de 2018, das 10.00 ás 13.30 horas, desde Castro Barca, Eladia ata Gómez Mata, Jesús Manuel.

Data: 22 de novembro de 2018, das 10.00 ás 13.30 horas, desde González Concheiro, José ata Naveira Pequeno, Jesús.

Data: 23 de novembro de 2018, das 10.00 ás 13.30 horas, desde Neira Estévez, Carmen ata Riveiro Duro, María Obdulia.

Data: 26 de novembro de 2018, das 10.00 ás 13.30 horas, desde Riveiro Mallo, José Luis, ata Suárez Vilas, Gloria.

Data: 27 de novembro de 2018, das 10.00 ás 13.30 horas, desde Tarrío Iglesias, Carmen ata o Z.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no Concello de Teo e no Servizo da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, 15071 A Coruña).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, podendo facerse acompañar á súa costa, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e do artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante un prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servizo da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer nº 2, 8º andar, 15071 A Coruña), as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o seu domicilio, ou ben a quen, intentada a súa notificación, non se puidese practicar.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas