Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46426

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

EXTRACTO da Orde do 9 de outubro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas para a promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

BDNS (Identif.): 419247.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, segundo o establecido no Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade. Así mesmo, considerarase que presentan unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33 por cento os pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou gran invalidez, e os pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

Segundo. Obxecto

Concesión de axudas para a promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e de carácter non periódico (código de procedemento BS613B).

Unicamente poderán ser obxecto de financiamento para esta convocatoria as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2018.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 9 de outubro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas para a promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase un crédito de 375.441,72 euros, cofinanciada nun 80 % con fondos FSE a través do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, dentro do obxecto específico 9.4.1 «Mellorar a accesibilidade para as persoas máis vulnerables a servizos de atención sanitaria, sociais e de orientación, formación e educación, incluíndo a eliminación dos estereotipos».

A determinación do importe das axudas para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, definidos no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, establécese en función da intensidade do servizo e dos custos unitarios, determinados segundo a tipoloxía dos servizos, calculados como baremos estándar de custos unitarios. A relación de custos unitarios e importes máximos subvencionables asociados á carteira de servizos para os que se pode solicitar axuda están recollidos no artigo 6 desta orde.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a súa presentación será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal co que serviu de partida, que é o da publicación no Diario Oficial de Galicia e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.

Sexto. Outros datos

Será requisito indispensable para poder optar á axuda ao abeiro desta orde, que a entidade/profesional autónomo prestadora/or do servizo de promoción da autonomía persoal figure inscrita/o, con anterioridade ao prazo de finalización de presentación de solicitudes, no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), segundo se dispoña na normativa reguladora da autorización e acreditación destes servizos, cuxo responsable é a Consellería de Política Social. No caso de que a persoa reciba a prestación a través dunha entidade ou profesional localizada no resto de España, a persoa solicitante deberá acreditar a inscrición da entidade ou profesional prestador/a do servizo no rexistro de servizos sociais equivalente na dita comunidade autónoma.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2018

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social