Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 234/2018, seguido por instancia de María Josefa Pena Silveira contra Creaciones Vavisando, S.L. sobre reclamación de cantidade, foi ditada a sentenza número 124/2018 do 24 de xullo de 2018 admitindo a demanda, e contra ela non cabe interpor recurso ningún. O texto íntegro da sentenza está ao dispor dos interesados no propio xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Creaciones Vavisando, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 21 de setembro de 2018
A letrada da Administración de xustiza