Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental para o proxecto de ampliación de explotación avícola, de ata 61.678 polos de ceba, nas Pedreiras, parroquia de Ramelle, no concello de Friol (Lugo), promovido por Juan Carlos Roca Barreiro (expediente 2018/0180).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 36, faise público que por prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto de ampliación de explotación avícola, de ata 61.678 polos de ceba, nas Pedreiras, parroquia de Ramelle, promovida Juan Carlos Roca Barreiro, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes.

Para efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Direción Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

Este estudo tamén se poderá consultar na ligazón http://cmaot.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Avaliacion_ambiental?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Avaliacion_impacto_ambiental_proxectos/Seccion_AIA.html&sub=Participacion_publica/&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Avaliacion_proxectos/dinamico/listado_proxecto_aap_central.html

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático