Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 26 de setembro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica o arquivamento dun expediente de compatibilidade.

Con data do 5 de setembro de 2018 o director xeral da Función Pública, en uso da competencia delegada polo conselleiro de Facenda en virtude da Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG núm. 136, do 18 de xullo), no seu artigo 3.e), arquiva o expediente derivado da compatibilidade solicitada por María Concepción Toimil Martínez.

Logo de tentar, dúas veces, a notificación do citado arquivo a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo, por non retirado tras os dous intentos, respectivamente, en que consta ausente reparto.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude deste anuncio, notifícalle a María Concepción Toimil Martínez o arquivamento do expediente derivado da solicitude de recoñecemento de compatibilidade antes referida.

A interesada pode recoller a notificación do arquivamento mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o referido prazo terase por efectuada a notificación.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública