Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 46009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto do parque eólico Carracedo (expediente LU-11/126-EOL).

Por Resolución do 21 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de marzo de 2016 polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico de Carracedo, nos concellos da Pastoriza e Mondoñedo, promovido pola sociedade Norvento, S.L., e por Resolución do 24 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de setembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais da modificación do parque eólico Carracedo.

Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Por razón do exposto, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados cos que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan o vindeiro 5 de novembro no Concello da Pastoriza como punto de reunión para levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podendo acudir acompañados dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno, con gastos á súa custa.

Así mesmo, advírtese a todos os interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará o día e a hora para o levantamento de actas previas. Esta publicación realízase, igualmente, para os efectos que determina o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio Norvento, S.L. asumirá a condición de beneficiaria.

Lugo, 1 de outubro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO II

RBDA afeccións da modificación non substancial do parque eólico Carracedo-necesaria expropiación
(concello da pastoriza)


parc.

Propietario

Parcela

Afeccións RBDA. Modificación non substancial (m2)

Nome

Part.

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidumes
de paso

Outras afeccións

Zona

Pol.

Parc.

Zap. plat.

Vía/vía-gabia

Gabia

Pe

Ot

CONCELLO DA PASTORIZA

1

MVMC de Carracedo e Rioseco

(Pte. Luis Polo Pena )

1

-

6

5003

Pena da Veiga

Monte baixo

8.760

30.099

30.273

192.112

5.728

4

Masa común (concello da Pastoriza)

1

12

2

167

Carracedo

Monte baixo

2.727

5

Arcadio Vila Pena

1

12

2

166

Quenllas

Monte baixo

2.542

6

Masa común (concello da Pastoriza)

1

12

2

164

Carracedo

Monte baixo

8.311

7

Irene Lindín Basanta

1/2

12

2

163

Carracedo

Monte baixo

3.185

Olimpia García Lindín

1/8

Gerardo García Lindín

1/8

Concepción García Lindín

1/8

Sofía García Lindín

1/8

8

Cándido Comendeiro Bouso

1

12

2

161

Carracedo

Monte baixo

2.493

9

Masa común (concello da Pastoriza)

1

12

2

160

Carracedo

Monte baixo

3.258

10

Domnino López García

1

12

2

159

Quenllas

Monte baixo

3.803

11

Jaime Iglesias Legaspi

1

12

2

154

Carracedo

Monte baixo

1.391

12

Herdeiros de Andrés Vila Pacio

1

12

2

153

Carracedo

Monte baixo

738

13

Bernardo Gómez Rivas

1

12

2

152

Carracedo

Monte baixo

799

14

José Muíña Fernández

1/3

12

2

151

Carracedo

Monte baixo

579

Benedicta Muíña Fernández

1/3

Fe Muíña Fernández

1/3

15

Manuel María Lindín Basanta

(Rpte. Pedro Seivane González)

1

12

2

150

Carracedo

Monte baixo

238

16

MVMC de Carracedo e Rioseco

(Pte. Luis Polo Pena)

1

-

6

340

Carracedo

Monte baixo

5.331

SUBESTACIÓN

1

MVMC de Carracedo e Rioseco

(Pte. Luis Polo Pena)

1

-

6

5003

Pena da Veiga

Monte baixo

3.436