Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 45986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se anuncia procedemento para a compra, por concurso, dun inmoble no concello de Ponteareas con destino a oficina de emprego.

1. Entidade adxudicadora.

Xunta de Galicia: Consellería de Facenda.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: compravenda.

Descrición do obxecto: local comercial en planta baixa ou planta baixa e primeira planta ou entreplanta, sempre que estean comunicadas interiormente, situado no núcleo urbano do concello de Ponteareas, dunha superficie mínima de 400 m2 construídos e máxima de 600 m2 e coas demais características previstas no prego de condicións.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 180.000 euros.

5. Obtención de documentación e información.

Subdirección Xeral do Patrimonio. Consellería de Facenda.

Edificio Administrativo da rúa Pastoriza, 8, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfonos: 981 54 41 51 ou 981 54 58 67.

Fax: 981 54 58 70.

Páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procesos-de-concursos

Correo electrónico: pablo.viano.lorenzo@xunta.gal

6. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o mes seguinte á publicación deste anuncio.

Documentación a presentar: a indicada no prego de condicións.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

7. Apertura das ofertas.

Data: 29 de novembro de 2018.

Hora: 11.15 horas.

Lugar: sala de xuntas do Edificio Administrativo da rúa Pastoriza, 8, de Santiago de Compostela.

8. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2018

A secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda
P.D. (Resolución do 4.10.2018)
Luis Emilio Araújo Rodríguez
Vicesecretario xeral da Consellería de Facenda