1. Entidade adxudicadora.
Xunta de Galicia: Consellería de Facenda.
Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: compravenda.
Descrición do obxecto: local comercial en planta baixa ou planta baixa e primeira planta ou entreplanta, sempre que estean comunicadas interiormente, situado no núcleo urbano do concello de Cangas (Pontevedra), dunha superficie mínima de 500 m2 construídos e máxima de 750 m2 e coas demais características previstas no prego de condicións.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Concurso público.
4. Orzamento base da licitación.
Importe total: 420.000 euros.
5. Obtención de documentación e información.
Subdirección Xeral do Patrimonio. Consellería de Facenda.
Edificio Administrativo da rúa Pastoriza, 8, 15781 Santiago de Compostela.
Teléfonos: 981 54 41 51 ou 981 54 58 67.
Fax: 981 54 58 70.
Páxina web:
http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procesos-de-concursos
Correo electrónico: pablo.viano.lorenzo@xunta.gal
6. Presentación das ofertas.
Data límite de presentación: o mes seguinte á publicación deste anuncio.
Documentación a presentar: a indicada no prego de condicións.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
7. Apertura das ofertas.
Data: 29 de novembro de 2018.
Hora: 11.00 horas.
Lugar: sala de xuntas do Edificio Administrativo da rúa Pastoriza, 8, de Santiago de Compostela.
8. Gastos do anuncio.
Serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2018
A secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda
P.D. (Resolución do 4.10.2018)
Luis Emilio Araújo Rodríguez
Vicesecretario xeral da Consellería de Facenda