Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45562

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (346/2017).

Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, fai saber:

«Resolución:

Que estimo a demanda interposta pola procuradora sra. Freire Riande, en nome e representación de Vidrogal, S.A., contra Pablo José Díaz Abelenda, e condeno a Pablo José Díaz Abelenda a pagar a Vidrogal, S.A. a suma de 20.000 euros, máis os xuros legais desta suma desde o 12 de maio de 2017 ata a data desta resolución e, desde esta, os xuros sinalados no artigo 576 da LAC.

As custas procesuais impóñenselle a Pablo José Díaz Abelenda.

Notifíquese a presente resolución ás partes, con advertencia de que fronte a ela pode interpoñerse recurso de apelación no prazo de vinte días ante ese xulgado».

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC por medio deste edicto notifícase a sentenza ditada a Pablo José Díaz Abelenda.

Pontevedra, 28 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza