Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e Signus Ecovalor, S.L., para o seguimento da xestión de pneumáticos ao final da súa vida útil en Galicia.
|
Regular o desenvolvemento da xestión de pneumáticos ao final da súa vida útil (NFVU), que vai realizar Signus Ecovalor, S.L., en Galicia e as ferramentas para o seguimento do cumprimento dos obxectivos de recollida, reciclaxe e valorización que debe garantir no ámbito desta comunidade autónoma, así como das actuacións realizadas para o cumprimento destes obxectivos.
|
4 de maio de 2018
|
Sen achega económica da consellería
|
Convenio marco de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e a Sociedade Ecolóxica para a Reciclaxe dos Envases de Vidro (Ecovidrio).
|
Regular os dereitos e obrigas da comunidade autónoma, de Ecovidrio e dos entes locais que voluntariamente se adhiran a el, en relación co funcionamento do sistema integrado de xestión de residuos de envases e envases usados de vidro que xestiona Ecovidrio na Comunidade Autónoma de Galicia.
|
28 de maio de 2018
|
Sen achega económica da consellería
|
Convenio de colaboración entre a Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.
|
Regular a colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A, en materia de información meteorolóxica a difundir pola televisión e radio (canles da Corporación Radio e Televisión de Galicia).
|
10 de xullo de 2018
|
Sen achega económica da consellería
|
Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, e a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia.
|
Regular as condicións da colaboración para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia.
|
16 de xullo de 2018
|
34.629,00
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Caza, para a realización de actividades de divulgación e fomento da actividade cinexética na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.
|
Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Federación Galega de Caza para o fomento da actividade cinexética sustentable no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a través da organización de actividades para a promoción e divulgación nesta materia.
|
16 de maio de 2018
|
25.000,00
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Pesca e Casting, para a realización de actividades de organización de eventos e campionatos relacionados coa actividade piscícola na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.
|
Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Federación Galega de Pesca e Casting a través da organización de campionatos e eventos relacionados coa actividade piscícola na Comunidade Autónoma de Galicia e a súa posterior divulgación.
|
16 de maio de 2018
|
15.000,00
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (CEIDA) para a realización de Xornadas Internacionais de Educación Ambiental, dinamización da Rede Galega de Reservas de Biosfera, Xornadas de Traballo conxunto da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), exposicións itinerantes, reunión do Observatorio Galego de Educación Ambiental e asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental.
|
Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o CEIDA para a realización das Xornadas Internacionais de Educación Ambiental, dinamización da Rede Galega de Reservas de Biosfera, Xornadas de traballo conxunto da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), exposicións itinerantes, reunión do Observatorio Galego de Educación Ambiental, asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental e Xornadas de Patrimonio Xeolóxico.
|
6 de xuño de 2018
|
14.000,00
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Fundación Bancaria La Caixa para o desenvolvemento de actuacións de rexeneración das áreas naturais afectadas polos incendios no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés na Comunidade Autónoma de Galicia.
|
Establecer as condicións para a execución de proxectos e actuacións xestionados pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para o desenvolvemento de actuacións de rexeneración das áreas naturais afectadas polos incendios no Parque Natural de Baixa Limia-Serra do Xurés na Comunidade Autónoma de Galicia.
|
9 de xullo de 2018
|
Sen achega económica da consellería
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Instituto Enerxético de Galicia, a Axencia Turismo de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello da Veiga para a realización do proxecto de construción do observatorio astronómico na Veiga.
|
Modifícase a cláusula quinta no que respecta á execución do orzamento, a cláusula sexta relativa aos compromisos da Axencia Turismo de Galicia, Deputación de Ourense e Concello da Veiga, a cláusula sétima no que respecta á vixencia e décimo segunda relativa aos gastos subvencionables e a cláusula décimo terceira, relativa á xustificación.
|
10 de xullo de 2018
|
Sen achega económica da consellería
|
Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Axencia Turismo de Galicia para o financiamento da xestión no proxecto
Gerês-Xurés_Dinámico aprobado na primeira convocatoria do programa Interreg V-A-España-Portugal (POCTEP), cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
|
Establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Axencia Turismo de Galicia para o financiamento e sustentabilidade conxunta no acompañamento e asesoramento na xestión e coordinación do proxecto 0220_Gerês_Xurés_Dinámico_1_e aprobado no ámbito do programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP).
|
7 de agosto de 2018
|
12.344,42
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Fundación Ingeniería Civil de Galicia para a realización de actividades e estudos que permitan coñecer a situación xeolóxica-xeotécnica actual do monumento natural Praia das Catedrais e a súa posible evolución no tempo, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
|
Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Fundación Ingeniería Civil de Galicia para a realización das actividades e estudos que permitan coñecer a situación xeolóxica-xeotécnica actual do Monumento Natural da Praia das Catedrais, e a súa posible evolución no tempo; consensuar recomendacións conxuntas para os seus usos futuros, así como o reforzamento das sinerxias e colaboración entre as administracións responsables das medidas de xestión e control e a comunidade científica, no relativo ás liñas de investigación e transferencia de tecnoloxía no eido da xestión do medio natural dentro do seu ámbito competencial.
|
14 de agosto de 2018
|
264.990,00
|
Addenda número 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Oza-Cesuras para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Oza-Cesuras.
|
Modificación do contido da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia– e da cláusula terceira –compromisos do Concello de Oza-Cesuras–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes intervenientes no mesmo.
|
13 de xuño de 2018
|
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial
|
Addenda número 5 ao convenio entre a extinta Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Santiago de Compostela para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección da cidade histórica do Concello de Santiago de Compostela.
|
Modificación do contido da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia–, da cláusula terceira –compromisos do Concello de Santiago de Compostela– e a cláusula sétima –vixencia do convenio–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes.
|
18 de xuño de 2018
|
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial
|
Addenda número 2 ao convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Verín para o financiamento da redacción do Plan especial de protección e reforma interior do casco histórico e barrio de San Lázaro do Concello de Verín.
|
Modificación do contido da cláusula primeira –na que se especifica o orzamento total do convenio– cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia– , da cláusula terceira –compromisos do Concello de Verín– e da cláusula sétima –vixencia do convenio–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes intervenientes no mesmo.
|
29 de xuño de 2018
|
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Ribeira para as obras de acondicionamento e dotación de servizos na avenida da Coruña en Ribeira (treito comprendido entre os números 109 e 123 na súa marxe esquerda).
|
Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento e dotación de servizos na avenida da Coruña en Ribeira (treito comprendido entre os números 109 e 123, na súa marxe esquerda).
|
30 de xullo de 2018
|
45.443,54
|
Addenda número 4 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Padrón para a construción dunha pasarela peonil sobre o río Sar.
|
Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.
|
30 de xullo de 2018
|
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello da Estrada para as obras de equipamento e instalacións de iluminación pública das travesías de Vea e da igrexa na Estrada.
|
Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello da Estrada, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no equipamento e instalacións de alumeado público das travesías de Vea e da igrexa na Estrada.
|
23 de agosto de 2018
|
33.867,17
|