Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45534

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, que completa con inclusión de convenios non incluídos na anterior publicación, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o segundo cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO

Convenios asinados no segundo cuadrimestre de 2018

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe ( €)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Marola Fútbol Club no desenvolvemento dun programa de fomento da práctica deportiva para menores internados no centro de reeducación Concepción Arenal e de soporte á autonomía dos mozos que rematan o cumprimiento das medidas de internamento en centros de reeducación.

Establecer a colaboración para o financiamento do programa que desenvolve o club durante o ano 2018 dirixido a facilitar a práctica deportiva dos internos no centro Concepción Arenal así como o tránsito á autonomía e a inserción laboral dos mozos, de idades comprendidas entre os 18 e 25 anos, que finalicen o seu internamento nun centro e residan na cidade da Coruña, naqueles casos nos que a súa contorna socio familiar non reúna as condicións necesarias para facilitar a súa inserción socio laboral.

11.5.2018

13.520,94 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Asociación Manaia para a execución do Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas.

Establecer a colaboración para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas posto a dispor da Administración mediante o cal se facilita o adecuado desenvolvemento da persoa menor adoptada mediante a orientación, o asesoramento, acompañamento e apoio especializado ás familias adoptantes e/ou as persoas menores.

21.5.2018

44.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Cruz Vermella de Galicia para a execución do Programa de familias acolledoras, dirixido ao acollemento en familia allea de menores en situación de risco ou desamparo.

Establecer a colaboración para o financiamento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de familias acolledoras, posto a dispor da Administración, que ten como obxectivo xeral proporcionar unha atención temporal a aqueles menores en situación de risco, desamparo ou desprotección social, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado.

31.5.2018

330.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para levar a cabo a atención residencial, a intervención educativa integral, e terapéutica con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de atención específica Montefiz.

Reforzar o persoal de intervención clínica así como o persoal educativo de apoio á clínica no seu labor de apoio ao centro de reeducación Monteledo na atención terapéutica dos menores que cumpren unha medida de internamiento terapéutico nese centro.

13.6.2018

55.757,16 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega de Familias Numerosas para a promoción do programa do carné familiar galego.

Establecer a colaboración para o desenvolvemento da acción de captación de empresas e entidades en xeral que ofrezan vantaxas as familias numerosas, así como realizar unha labor de difusión entre as familias das empresas, tanto as antigas como as que se van incorporando, que ofrecen vantaxes.

25.6.2018

16.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Cruz Roja Española, para o desenvolvemento dun programa de recoñecemento e apoio ás avoas e avós coidadoras/es.

Establecer a colaboración para o desenvolvemento durante o ano 2018 do Programa de apoio psicosocial a persoas maiores que exercen labores parentais de coidado e crianza dos seus netos e netas a través dunha escola de avós e avoas educadores/as e a súa implantación nas sete grandes cidades de Galicia.

31.7.2018

106.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia) para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxias de actuación das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social.

Establecer a colaboración para a realización dunha serie de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuacións das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social.

15.5.2018

36.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social, a Federación Gallega de Bancos de Alimentos (Fegaban) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para o establecemento dunha coordinación na entrega de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade e con menores.

Establecer a coordinación no protocolo para a entrega de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade e con menores a cargo.

27.6.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa Acougo no Proxecto Home de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas.

Establecer a colaboración para a realización dunha serie de actuacións encamiñadas á inserción sociolaboral de persoas con patoloxía dual, a través do programa Acougo.

2.7.2018

153.846,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Secretariado Gitano para a execución de determinadas accións do programa operativo estatal de inclusión social e economía social 2014-2020 do Fondo Social Europeo.

Establecer a colaboración para o desenvolvemento de accións dirixidas ás minorías étnicas coa finalidade de promover a inclusión social a través de políticas activas centradas na loita contra a discriminación, no marco do programa operativo de Inclusión Social y Economía Social 2014-2020.

4.7.2018

65.920,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Municipios e Provincias para mellorar a coordinación dos servizos sociais comunitarios municipais das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Establecer a colaboración para mellorar a coordinación dos servizos sociais comunitarios municipais entre si e cos servizos sociais de titularidade autonómica, para garantir unha prestación homoxénea dos servizos sociais en igualdade de condicións para todos os cidadáns da comunidade autónoma.

9.8.2018

17.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) para o financiamento das Aulas da terceira idade no ano 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento das Aulas da terceira idade no ano 2018:

1. Programa de envellecemento activo: Aulas Senior de Galicia: clases presenciais (50 horas semanais) e 18 seminarios en nove sedes de Galicia (A Coruña, Ferrol, Padrón, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo, Vilalba e Monterroso) en catro áreas:

– Área cultural.

– Área ocupacional.

– Área da saúde.

– Área de lecer.

2. Proxecto Active post-working life, impartindo conferencia-obradoiros centrados no empoderamento do maior.

8.5.2018

82.026,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (Down Galicia), para o financiamento de programas destinados ás persoas con discapacidade intelectual, coa síndrome de Down, en situación de dependencia e ás súas familias e do mantemento da federación, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento do mantemento de Down Galicia e das seguintes actividades:

– Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (Sepap) organizado nas seguintes áreas de atención:

1. Área de atención temperá.

2. Área de inclusión educativa.

3. Área de formación e emprego.

4. Área vida adulta e independente.

5. Área transversal.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

8.5.2018

469.180,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec), para o financiamento de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas e do mantemento da federación, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento do mantemento de Fegerec e das seguintes actividades:

– Ofrecer unha atención social integral ao colectivo de persoas que representa.

– Informar dos servizos da federación, así como fomentar a relación de axuda.

– Promover e potenciar as axudas e apoios para promoción da autonomía persoal destes colectivos de enfermos crónicos.

– Informar, asesorar e/ou tramitar documentación ás persoas afectadas e ás súas familias sobre recursos, dereitos e outros beneficios de carácter socioeconómico, laboral e sanitario, ao que lle dá acceso a súa situación de enfermidade.

Daráselle especial atención á muller con discapacidade ou cunha enfermidade rara embarazada e ás súas familias.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

9.5.2018

23.310,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento de Cogami e das súas entidades, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento do mantemento de Cogami e das súas entidades asociadas e das seguintes actividades:

– Servizo de información, asesoramento e orientación (SIAO) ás persoas con discapacidade e ás súas familias.

– Servizo de intervención social das persoas con discapacidade e das súas familias.

– Programa de promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia.

– Formación e intermediación laboral das persoas con discapacidade.

– Sensibilización e concienciación.

– Voluntariado.

– Actividades de lecer.

– Respiro familiar.

– Servizo de información e asesoramento en accesibilidade.

– Servizo de apoio ao movemento asociativo.

Daráselle especial atención á muller xestante con discapacidade e ás súas familias.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

9.5.2018

993.312,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual e/ou do Desenvolvemento (Fademga Plena inclusión Galicia) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias, e do mantemento de Fademga plena inclusión Galicia, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento do mantemento de Fademga Galicia e das seguintes actividades:

– Programa de atención a asociacións: apoio, fortalecemento e promoción do movemento asociativo.

– Programa de apoio familiar.

– Atención ás persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento. Área social.

Daráselle especial atención á muller embarazada con discapacidade e ás súas familias.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

9.5.2018

246.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), para o financiamento do programa de atención a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e do mantemento da federación, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento do mantemento de Faxpg e das seguintes actividades:

1. Servizo de Atención a Persoas Xordas, Xordocegas e con Discapacidade Auditiva (SAPS).

2. Servizo de Intérpretes de Lingua de Signos Española e Guías-Intérpretes (SILSE-GI).

3. Servizo Integral para Persoas Xordas, Xordocegas e persoas con discapacidade auditiva (SIPS).

4. Mantemento da estrutura asociativa de Faxpg e servizos de apoio.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

09.5.2018

759.826,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), para contribuír ao financiamento dun servizo social comunitario específico de atención temperá a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento dun servizo social comunitario específico de atención temperá a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias, para o exercicio 2018.

O programa desenvólvese nas Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar de AGAT, que están localizadas nas comarcas do Deza, do Salnés e de Bergantiños, e inclúe apoio técnico e psicosocial ás familias das e dos menores usuarias/os, en concreto:

– Asistencia ás familias desde o seu contorno.

– Promoción temperá da autonomía persoal e prevención das situacións de dependencia.

– Creación de espazos de intercambio de información e autoaxuda na superación de dificultades.

– Orientación, asesoramento e apoio evolutivo, psicolóxico ou psicopedagóxico.

– Programación e realización de actividades compensadoras no contorno familiar.

– Apoio e asistencia técnica aos centros educativos e sociais da comunidade.

– Coordinación con outros recursos sociais do contorno.

No deseño e desenvolvemento dos programas e das actividades obxecto do presente convenio incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

15.5.2018

315.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes), para o financiamento dos seus programas dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e do mantemento da entidade, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento dos programas dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e do mantemento da entidade, para o exercicio 2018.

– Información, orientación e atención socio-familiar.

– Asesoramento e apoio xurídico especializado sobre os aspectos legais relacionados coas enfermidades mentais e os seus familiares.

– Atención a domicilio, transporte no medio rural e fomento da autonomía das persoas con discapacidade por mor dunha enfermidade mental.

– Mantemento, coordinación do movemento asociativo, representación e interlocución institucional e servizo de comunicación externa da federación.

– Formación para e de profesionais, coidadores non profesionais, familiares, profesionais do ámbito social, estudantes e persoas interesadas no ámbito da saúde mental.

Daráselle especial atención á muller con discapacidade embarazada e ás súas familias.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

15.5.2018

617.856,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (Federación Aspace Galicia), para o financiamento do programa de promoción da autonomía persoal de persoas con parálise cerebral e do mantemento da entidade, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento do mantemento da Federación Aspace Galicia e das súas entidades asociadas así como a prestación de servizos de información e asesoramento, de comunicación e sensibilización, de emprego e formación e de fortalecemento do movemento asociativo.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

15.5.2018

89.250,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Parapléxicos e Grandes Minusválidos de Galicia (Aspaym), para o financiamento do programa de atención dirixido ao colectivo de lesionados medulares residentes en Galicia e o mantemento da entidade, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento das seguintes actividades:

– Servizo de información, orientación e asesoramento.

– Servizo de transporte adaptado non cuberto por outros servizos.

– Servizo de apoio psicosocial ao novo lesionado medular.

– Servizo de rehabilitación integral.

– Charlas de prevención da discapacidade e simulacións de rol en centros educativos.

Daráselle especial atención á muller embarazada con discapacidade e ás súas familias.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

15.5.2018

45.142,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace), para o financiamento dos programas de atención ambulatoria, de rehabilitación funcional e inclusión social de persoas con dano cerebral adquirido e do mantemento da federación e das entidades federadas, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento do mantemento de Fegadace e das súas entidades federadas e os seguintes programas:

1. Programa de promoción da autonomía persoal e de recuperación funcional das persoas afectadas de dano cerebral adquirido en situación de dependencia e ás súas familias a través de atención ambulatoria nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo e que implica o desenvolvemento de actividades nas áreas terapéutica, ocupacional e social.

2. Programa de información e asesoramento a familias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia dando especial atención á muller embarazada con discapacidade e ás súas familias.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

15.5.2018

222.087,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos das Persoas con Discapacidade Intelectual (Special Olympics Galicia), para o mantemento e a promoción da integración social dirixida ás persoas con discapacidade intelectual de Galicia e ás súas familias mediante a realización de actividades deportivas adaptadas, lecer, formativas e de promoción do voluntariado, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento do mantemento e a promoción da integración social dirixida ás persoas con discapacidade intelectual de Galicia e ás súas familias.

Actividades deportivas:

– Xogos autonómicos de deportes minoritarios.

– Xogos autonómicos de fútbol sala.

– Xogos autonómicos de campo a través e petanca.

– Xogos autonómicos de natación.

– Xogos autonómicos de atletismo.

– Xogos autonómicos de baloncesto.

– Xogos de maratón autonómico urbano.

Actividades de lecer e familias:

– Campamentos e/ou programa de vacacións.

– Concurso de tarxetas de Nadal e entrega de agasallos.

– Actos de recoñecemento ao labor solidario.

Actividades de formación e culturais:

– Foros ou xornadas e voluntariado, técnicos, persoas con discapacidade intelectual.

– Grupos de artes escénicas.

Actividades orientadas á familia.

15.5.2018

199.443,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo da Comunidade Autónoma de Galicia (Autismo Galicia), para promover a atención das persoas con trastornos do espectro autista e ás súas familias en Galicia e para o mantemento da federación e das entidades federadas, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento do mantemento da federación e das entidades federadas e das seguintes actuacións:

– A representación institucional para a súa participación e visualización na sociedade.

– O desenvolvemento de publicacións divulgativas e formativas.

– A realización de eventos para a sensibilización, coñecemento, fomento de cohesión social.

– O programa de inclusión social destinado ás persoas con trastornos do espectro autista.

– O programa de atención socio-familiar.

– O programa de lecer, tempo libre e campamentos.

Daráselle especial atención á muller embarazada con discapacidade e ás súas familias.

18.5.2018

162.796,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Territorial de Asociacións Provinciais de Pensionistas e Xubilados de Galicia (Fetega) para o financiamento de actividades no ano 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento dos programas de formación, benestar e envellecemento activo así como un programa cultural e social.

18.5.2018

32.340,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora para o financiamento das actuacións de tutela e protección de persoas con discapacidade intelectual, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento das actuacións de tutela e protección de persoas con discapacidade intelectual, para o exercicio 2018.

a) Exercer o cargo de titor, curador e/ou outras figuras de garda das persoas con discapacidade intelectual encomendadas á Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora segundo o dereito vixente, cumprindo coas obrigas inherentes ao cargo, coidando da persoa e administrando os seus bens con extrema dilixencia.

b) Informar e asesorar ás familias das persoas con discapacidade intelectual, titores, curadores, persoas relacionadas coa garda de persoas e bens das ditas persoas con discapacidade intelectual, así como a entidades de todo tipo que teñan fins similares. Darase especial atención á muller embarazada con discapacidade e ás súas familias, en cumprimento da Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada.

18.5.2018

57.750,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega das Persoas Maiores, Xubilados e Pensionistas (Asogapem) para financiar a realización de actividades do ano 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento das actividades deportivas, de mantemento e mellora da axilidade mental así como charlas sobre a protección xurídica dirixidas aos maiores durante o ano 2018.

18.5.2018

20.790,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Organizacións de Maiores (Cogama) para financiar a realización de actividades no ano 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento das actividades artísticas e culturais, socio-comunitarias de convivencia e de animación á lectura dirixidas aos maiores durante o ano 2018.

18.5.2018

23.100,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer o outras Demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de alzhéimer residentes en Galicia e mantemento da federación, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de alzhéimer residentes en Galicia e mantemento da federación, para o exercicio 2018.

a) Actividades xerais:

– Mantemento de instalacións e xestión da infraestrutura de Fagal.

– Mantemento dos gastos derivados das actividades de xestión de Fagal: gastos de desprazamentos para reunións de coordinación de programas; gastos de reunión de xunta directiva e coa Xunta de Galicia.

– Gasto de seguros de Fagal.

b) Coordinación coas asociacións de familiares de enfermos de alzhéimer de Fagal:

– Coordinación dos diferentes programas das asociacións.

– Elaboración de programas comúns ás asociacións.

– Coordinación e derivación de usuarios entre Fagal e asociacións.

– Elaboración de material de información e difusión.

– Elaboración de guías específicas por sectores profesionais das AFAs.

c) Desenvolvemento do plan de comunicación 2018:

– Aumentar impacto en TICS.

– Campaña de sensibilización polo día mundial do alzhéimer.

– Deseño de material de divulgación.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

18.5.2018

89.250,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi de Galicia) para o mantemento da entidade, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento do mantemento de Cermi de Galicia, co fin de prestar servizos ás organizacións e entidades dedicadas á atención das persoas con discapacidade, de defensa dos dereitos das persoas con discapacidade.

28.5.2018

13.860,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Vigo para o financiamento do Programa universitario para maiores, no exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento do Programa universitario para maiores no exercicio 2018.

Oferta de estudios para aqueles maiores que no seu momento non puideron acceder á universidade ou que, sendo xa titulados, atópanse en idade inhabitual para as tarefas académicas.

28.5.2018

28.875,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela para o financiamento do IV Ciclo universitario, no exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento do desenvolvemento da oferta educativa do Programa universitario de maiores, IV Ciclo 2018, así como a participación social que se leva a cabo desde as actividades de voluntariado activo.

4.6.2018

28.875,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade da Coruña para o financiamento da universidade sénior, no exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento da Universidade Sénior 2018, que é unha oferta de estudos para aquel sector da sociedade maior que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

12.6.2018

28.875,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Riotorto de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento de actividades dirixidas ás persoas que teñen dificultade de desprazarse ao centro sociocultural situado nas Rodrigas, prestándolles os servizos nas antigas escolas e centros veciñais de que dispón o concello.

13.6.2018

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización conxunta dunha avaliación socioeconómica do Plan Como na Casa.

Establecer a colaboración para a realización dun estudo agregado macro e micro económico relacionado coas circunstancias socio-económicas dos potenciais usuarios dos centros residenciais dependentes da consellería.

31.5.2018

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Profesor Novoa Santos, para o financiamento do programa de integración social de lesionados medulares residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento do programa de integración social de lesionados medulares residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, para o exercicio 2018.

Mobilidade: obtención do permiso de conducir especial para vehículo adaptado.

Actividades de lecer e deporte.

Edición dun boletín de educación sociosanitaria.

2.7.2018

24.832,50 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Boimorto de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento das actuacións que se dividen en 6 bloques:

– Difusión do Servizo de atención ás dificultades de memoria.

– Obradoiro sobre o manexo de situacións problemáticas cos usuarios, destinada aos auxiliares de Axuda no fogar.

– Detección precoz do deterioro cognitivo na comunidade.

– Intervención cognitiva aos participantes do servizo.

– Orientación e apoio a familiares de persoas con deterioro cognitivo.

– Avaliación das actividades realizadas.

12.7.2018

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fundación Galicia Obra Social e Abanca Corporación Bancaria, S.A.

Promover a definición dun concepto de centro residencial moderno no Plan Como na Casa.

30.7.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Santa Comba de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal, para o exercicio 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento das actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal, para o exercicio 2018:

– Rexenera-T: que consistirá na realización dos seguintes obradoiros:

• Recarga as túas pilas, de psicomotricidade.

• A mente en movemento, de prevención do deterioro cognitivo.

– Envellecemento activo, coas seguintes actividades:

• Obradoiro de igualdade.

• Obradoiro de autoestima.

• Obradoiro de creatividade Arte nas nosas mans.

• Obradoiro de cociña saudable.

3.8.2018

21.711,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple para o financiamento do programa de logopedia durante o ano 2018.

Establecer a colaboración para o financiamento das actuacións que vai desenvolver durante a vixencia do convenio a entidade ACEM con relación aos obxectivos que persigue son:

– Información básica ao paciente, familiares e/ou coidadores.

– Estratexias que faciliten unha mellora da intelixibilidade da produción disártica.

– Actividades dirixidas a mellorar o control neuromuscular dos órganos implicados: lingua, labios, musculatura facial, etc.

– Terapias respiratorias e fonoarticulatorias.

– Tratamento de prosodia: consiste en practicar o control do ton e a intensidade da voz, ademais doutros aspectos a tratar: mastigación y deglutición.

2.8.2018

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense relativo á realización de prácticas formativas non laborais na Residencia Florentino López Cuevillas para o ano 2018.

Establecer a forma e condicións de colaboración para a realización de prácticas formativas non laborais na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense durante o ano 2018.

15.5.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia e a Consellería de Política Social para a participación do equipo gañador do programa Parlamento Xove 2018, categoría de Educación Secundaria Obrigatoria, na fase nacional do Concurso de Debate Escolar nas Cortes Xerais, organizado pola Conferencia de Presidentes e Presidentas de Parlamentos Autonómicos.

Establecer a colaboración para a coordinación da participación do equipo que representara á primeira institución da Comunidade Autónoma na fase nacional da primeira edición do Concurso de Debate Escolar organizado pola Coprepa que se levará a cabo o 25 de xuño de 2018 na sede do Senado en Madrid.

4.6.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Nais e Pais de Alumnos Pía da Casca do CEIP As Mercedes relativo a utilización das instalacións do comedor e do salón de actos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas para o curso académico 2018/19.

Establecer a forma e condicións de colaboración para a utilización gratuíta por parte da asociación das instalacións do comedor e do salón de actos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, sita na cidade de Ourense, durante o curso académico 2018/19.

2.7.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización e o desenvolvemento dun encontro informático.

Establecer a colaboración para o financiamento da organización e desenvolvemento no ano 2018 dun encontro informático que ten como obxectivo principal ser un punto de encontro e referencia para a xuventude no eido das novas tecnoloxías, combinando actividades educativas, lúdicas e culturais.

19.7.2018

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Europa para o desenvolvemento das actividades de información e documentación europea para a xuventude galega.

Establecer a colaboración para o financiamento da realización das actividades de información, documentación e asesoramento á xuventude galega, que demandan información sobre Europa. As ditas actividades levaranse a cabo en coordinación co Centro Coordinador de Información Xuvenil, unidade adscrita á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado encargada do desenvolvemento e coordinación das actividades de información en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

30.7.2018

42.500,00 €