Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2018/360-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio Social: avda. de Pontevedra, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: LMTS, CT Caritel I.

Situación: Ponte Caldelas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 55 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C4500/16 na LMTA derivación Caritel I (van 13-14), en que se fai un paso aerosubterráneo, e final no novo centro de transformación proxectado Caritel I. Centro de transformación en caseta prefabricada, a 250 kVA con RT 20 kV/400-230 V, situado en Caritel, Ponte Caldelas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), de 2014, esta xefatura territorial, resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 14 de setembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra