Unha vez convocado o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre mediante a Orde do 4 de xullo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 134, do 13 de xullo, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta vicepresidencia e consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre, subgrupo C1, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2018
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
ANEXO
Proceso selectivo unitario para a selección de 38 prazas de policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre, subgrupo C1 dos concellos e coas características que se definen nas bases da convocatoria
• Tribunal titular:
Presidencia:
– Luis Míguez Macho, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.
Secretaría:
– Sonia Rama Martínez, inspectora da Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.
Vogais:
– Jose Manuel Duarte Solla, inspector do corpo da policía local do Concello de Pontevedra.
– Eugenia Pérez Heres, oficial do corpo da policía local do Concello de Ferrol.
– Diana Parente Pampín, oficial do corpo da policía local do Concello de Santiago de Compostela.
• Tribunal Suplente:
Presidencia:
– José Antonio Fernández López, subdirector xeral de Seguridade e Coordinación da Dirección xeral de Emerxencias e Interior.
Secretaría:
– Mónica María Castro Pérez, xefa do servizo de formación en Seguridade Pública da Academia Galega de Seguridade Pública.
Vogais:
– Ramón Quiroga Limia, secretario xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.
– Juan Puente Rapela, oficial do corpo da policía local do Concello da Coruña.
– Begoña del Río Martínez, policía do corpo da policía local do Concello de Santiago de Compostela.