Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA, estrada AC-550, punto quilométrico 80+400, clave AC/17/092.06, no concello de Porto do Son.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 23 de marzo de 2018, a Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada AC-550, p.q. 80+400, de clave AC/17/092.06.

Con data do 12 de abril de 2018, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada AC-550, p.q. 80+400, no concello de Porto do Son (clave AC/17/092.06), polo Decreto 42/2018, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 85, do 3 de maio.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Porto do Son, para que comparezan no lugar, nas datas e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, en que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Porto do Son.

Lugar: salón de plenos do Concello de Porto do Son.

Data: 6 de novembro de 2018, das 12.00 ás 13.00 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostos no Concello de Porto do Son e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer nº 2, 8º andar. 15071 A Coruña).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, así como certificado de conta cos códigos IBAN E BIC, co fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria. Poderanse facer acompañar á súa custa, se o coidan oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e do 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer nº 2, 8º andar. 15071 A Coruña), as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles cuxo domicilio se ignore ou ben a quen, intentada a notificación, non se puidese practicar.

A Coruña, 25 de setembro de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña