Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45592

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (212/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 212/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julia Esther Pérez Romero contra Malvinlab, S.L., Innovis Laboratorio, S.L., Novacata Farma, S.A., Fogasa Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza nº 403/2018

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2018

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como DSP baixo o número 212/2018, en que é parte demandante Julia Esther Pérez Romero, asistida polo letrado Sr. Castro Martínez, e son partes co-demandadas a mercantil Malvinlab, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, a mercantil Innovis Laboratorio, S.L., que así mesmo non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidades de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do rei veño a ditar a presente sentenza con base nos seguintes

Decido

Que debo estimar integramente e estimo integramente a demanda interposta por Julia Esther Pérez Romero, asistida polo letrado Sr. Castro Martínez, fronte á empresa Malvinlab, S.L., fronte á empresa Innovis Laboratorio, S.L., fronte á mercantil Novacata Farma, S.A., ao fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da traballadora agora demandante con data de efectos do día 31 de xaneiro de 2018, condenando solidariamente todas as empresas co-demandadas (por constituír grupo de empresas para efectos laborais) a estar e pasar por tal declaración, así mesmo condenando a todas as empresas co-demandadas solidariamente a que opten no prazo de cinco días hábiles, a partir do seguinte ao de notificación da presente sentenza, entre:

a) Ou ben a readmisión da traballadora Julia Esther Pérez Romero coas mesmas condicións laborais que ostentaba ao momento de producirse o despedimento xunto co aboamento a esta dos salarios de tramitación que a actuante deixase de percibir desde a data de efectos do despedimento (día 31.1.2018) ata a data de notificación da presente resolución xudicial á mercantil a razón dunha cota de 40,80 euros diarios;

b) Ou ben a aboar á traballadora Julia Esther Pérez Romero a indemnización por despedimento improcedente que ascende a 2.805,05 euros.

Debendo entenderse por parte das mercantís que, para o suposto de non optar entre as opcións impostas no prazo legal dos cinco días hábiles anteriormente descrito, procederá a readmisión da traballadora Sra. Pérez Romero e, por ende, con obriga de aboar a esta os xa citados salarios de tramitación a razón da cota de 40,80 euros diarios, con inclusión da parte proporcional das pagas extraordinarias nos termos establecidos legalmente.

Todo iso, sen prexuízo da responsabilidade que corresponda asumir ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes comparecidas, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación que se presentará no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao de notificación da presente sentenza, ante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de consignación legalmente prevista para tal efecto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, respectando as consideracións e requisitos previstos no artigo 191.3.c) da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mando e asino.

A xuíza substituta

E para que sirva de notificación en legal forma a Malvinlab, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza