Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45588

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 326/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 326/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roque Luis Araujo Rey contra Grupo Creación y Extinción, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza nº 408/2018.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades salariais) baixo o número 326/2017, en que é parte demandante Roque Luis Araujo Rey, asistido polo letrado Sr. Blanco Casais, e son partes codemandadas a empresa Grupo Creación y Extinción, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos, en nome do rei dito a presente sentenza con base nos seguintes

Resolución:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda presentada por Roque Luis Araujo Rey, asistido polo letrado Sr. Blanco Casais, fronte á empresa Grupo Creación y Extinción, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén, Fogasa) e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada Grupo de Creación y Extinción, S.L. a aboar a favor da traballadora demandante a cantidade de 4.911,08 euros en concepto de cantidades devindicadas e non aboadas e que son: diferenzas salariais desde o mes de novembro de 2016 ata o mes de marzo de 2017, así como a parte proporcional das vacacións non desfrutadas) + a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal devindicado por mora no pagamento do salario sobre o toda cantidade de condena principal que teña a condición de cantidade salarial, ex artigos 26 e 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade que poida corresponder legalmente ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación, no prazo de cinco días hábiles contado desde o seguinte ao da notificación da presente, ante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de consignación do depósito para tales efectos legalmente previsto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, cos requisitos do artigo 191, seguintes e concordantes da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Creación y Extinción, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza